A Cooperativa O Rodo dispón dun servizo de substitución, capacitado para realizar de forma eficiente o traballo que require unha explotación.

Sabemos que o éxito das explotacións está nos nosos gandeiros, e por iso queremos axudarlles para que podan gozar das súas vacacións con tranquilidade e que, ante enfermidade, as súas explotacións estean ben atendidas.